De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece
a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretario a José Antonio García Blanco, funcionarios desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.
Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1º planta.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).
ANEXO
Expediente nº: P-127/2000.
Denunciado: José Benito Outeiriño Ribelles (DNI 34.956.167).
Último enderezo coñecido: r/ Valdorregueiro, nº 7-2º, Ourense.
Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca sen estar en posesión da documentación preceptiva en vigor (licencia de pesca). Feitos constatados o día 21-4-2000, ás 11.20 horas no río Miño-encoro de Belesar. Tabaoda. Lugo.
Precepto sancionador: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Calificación infracción: menos grave.
Sanción: 50.001 pesetas de multa.
Inhabilitación para obte-la licencia de pesca por un ano.
Lugo, 5 de setembro de 2000.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo