Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Guardas de Caza, Medioambiente y Pesca Marítimo-Fluvial.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Guardas de Caza, Medioambiente y Pesca Marítimo-Fluvial que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas que sexan gardas particulares de campo.

Asinan a acta de constitución: Juan Carlos Muíños López, e cinco persoas máis.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais