Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios Gestores de Cooperativas y Comunidades de Viviendas de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios Gestores de Cooperativas y Comunidades de Viviendas de Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos empresarios xestores de cooperativas ou comunidades de vivendas, que teñen como actividade habitual a xestión, asesoría e administración de cooperativas e comunidades de vivendas.

Asinan a acta de constitución: Orencio Osuna Muñoz, e catro persoas máis representando a outras tantas sociedades.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais