Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2000, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de modificación da concesión de ocupación de dominio público dunha granxa mariña.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 1 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e no Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, sométese a información pública a modificación da concesión de ocupación de dominio público do establecemento que se describe:

Tipo: granxa mariña.

Actividade: cría e engorda.

Especie: rodaballo (Psetta maxima).

Localización: praia de Lago, concello de Xove (Lugo).

Ocupación de dominio público solicitada: 21.143 metros cadrados.

Titular: Insuamar, S.L.

O expediente, integrado polo proxecto e a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que considere oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Lugo, situada na avenida de Ramón Canosa, s/n, Celeiro-Viveiro.

Horas: das 9 ás 14 h.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Celeiro-Viveiro, 11 de outubro de 2000.

Pablo R. Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo