Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, pola que se notifica a resolución do 24 de xullo de 2000 recaída no expediente sancionador ICA-OU-027/99-F, por infracción en materia de fertilizantes, ó resultar devolta polo servicio de correos a notificación feita ó interesado.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administraccións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a Concepción Rebollal López con DNI 34.196.557-L, de acordo co que figura no anexo, a resolución adoptada polo conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 24 de xullo de 2000, no expediente sancionador ICA-OU-027/99-F, xa que, intentada a notificación por correo certificado e con xustificación de recepción, esta resultou devolta.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia número 2091/0152/20/3110001158, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Faise saber que esta resolución non pon fin á vía administrativa e que contra ela se poderá presentar recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das adminitracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Santiago de Compostela 16 de outubro de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

ANEXO

Expediente: ICA-LU-027/99-F.

Empresa denunciada: Concepción Rebollal López.

CIF/DNI: 34.196.557-L.

Domicilio: rúa Observatorio, s/n.

Infraccións cometidas e precepto infrinxido: dispor dunha mercadoría intervida cautelarmente pola inspección constitúe unha infracción do artigo 5.3º do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, que regula as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria. Esta infracción cualifícase como grave, segundo o disposto no artigo 7.1º 2 do citado R.D. 1945/1983.

Preceptos sancionadores: o artigo 10.1º do mencionado R.D. 1945/1983, dispón que as infraccións do artigo 7.1º 2 serán sancionadas con multa comprendida entre 100.001 e 2.500.000 pesetas.

Sanción: multa de 200.000 pesetas, resultante de sanciona-la disposición da mercadoría intervida cautelarmente.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria á conta de Caixa Galicia nº 2091-0152-20-3110001158, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da firmeza da resolución.

Esta resolución non pon fin á vía administrativa e contra ela poderase presentar recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.