Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da subministración de diverso equipamento para o control da calidade do aire no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: subministración do equipamento detallado no prego de prescricións técnicas con destino ó Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

2.2. Prazo de execución: 30 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezaoito millóns cento noventa mil (18.190.000) pesetas, IVE incluído (109.324,10 euros).

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación do lote ou lotes adxudicados.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa dos Basquiños nº 2 e na páxina de Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=80.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitades de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente