Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.118

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 266/2000, do 26 de outubro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Negreira, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de separata do proxecto modificado número 1 do de colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Negreira.

O Concello de Negreira, en sesión que tivo lugar o día 13 de maio de 1999, aprobou o proxecto de separata do proxecto modificado nº 1 do de colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Negreira, e na sesión do 29 de febreiro de 2000, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

O concello remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 19 de setembro de 2000.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente expropiación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable con data do 26 de abril de 2000.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque segundo sinala o concello trátase de sanea-lo medio no que viven e desenvolven as súas vidas e actividades os veciños do lugar de Campos de Negreira, construíndo uns colectores que, seguindo o trazado inicial que no seu día existiu como servidume de augas e rede de sumidoiros de natureza

pública para o abastecemento de auga á poboación desta localidade, recollan os lixiviados procedentes das cortes e estabulacións tradicionais que aínda perviven no citado lugar e que mesturadas coa auga de chuvia producen unha situación de contorno insán e fedorento.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteseis de outubro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Negreira para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de separata do proxecto modificado nº 1 do de colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Negreira.

Santiago de Compostela, vinteseis de outubro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais