Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.118

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de outubro de 2000 pola que se fai pública a validación do curso de especialidade en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23 de decembro), no seu artigo 2º, establece que se lles validará o curso de especialidade en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB que estean en posesión dos certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concede-la validación do curso de especialidade en lingua galega ás persoas que se relacionan a seguir, por reuniren os requisitos establecidos no artigo 2º da Orde do 26 de novembro de 1993:

María Razamontes Vázquez76.319.832

Mª Josefa Lago Alonso35.974.226

José Ramón Couto Fariña35.282.398

Mª Montserrat Ogando Suárez53.111.317

Etelvina Quintas Sanmiguel34.981.853

Amparo Rodríguez Grande34.723.920

María Expóxito Martínez44.077.182

Rosa Lage Otero36.074.409

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expediralle-los correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Eduación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria