Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 10 de novembro de 2000 Páx. 15.116

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de setembro de 2000 pola que se autoriza a oferta de ciclos formativos para persoas adultas en determinados centros públicos docentes dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para o curso 2000/2001.

Segundo a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, correspóndenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

No marco destas competencias, a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 53, prevé que as administracións educativas promovan medidas tendentes a ofertar a tódolos cidadáns a oportunidade de accederen ós niveis ou graos das ensinanzas non obrigatorias nos centros ordinarios.

O decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os

requisitos mínimos dos centros, establece no artigo 5 que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas de formación profesional ás peculiaridades e características das persoas adultas.

Nesta liña, e de acordo coa Orde do 31 de maio de 1999 (DOG do 1 de xullo), pola que se regula o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional específica en réxime ordinario e para persoas adultas, cómpre autoriza-los centros nos que se van impartir estas ensinanzas na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Autorízanse para imparti-las ensinanzas de ciclos formativos para persoas adultas, segundo o establecido na Orde do 31 de maio de 1999, os centros docentes públicos de educación secundaria que se relacionan no anexo, para o curso escolar 2000/2001.

Segundo.-Requirirase un mínimo de 15 alumnos para poder imparti-los ditos ciclos formativos, salvo autorización expresa da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, non podendo, mentres tanto, formalizar ningunha matrícula. Esta condición do número mínimo de alumnos debe ser posta en coñecemento dos interesados no momento da súa preinscrición.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional determinará en cada caso o número máximo de alumnos por grupo atendendo ás condicións pedagóxicas e medios didácticos concretos. O número máximo de alumnos de cada grupo será de 30, non contabilizándose para estes efectos o alumnado que cursara estas ensinanzas con anterioridade sen superalas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse as direccións xerais de Ordenación Educativa e Formación Profesional, de Centros e Inspección Educativa e de Persoal para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas todas aquelas ordes e disposicións que se opoñan ó cumprimento desta orde.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional e director xeral de Centros e Inspección

Educativa e director xeral de Persoal

ANEXO

Provincia da Coruña

CódigoCentroFamilia profesionalGraoCiclo formativo

15022607IES Ánxel Casal-Monte AltoSanidadeCMCoidados auxiliares de enfermería

15022607IES Ánxel Casal-Monte AltoSanidadeCMFarmacia

15005397IES Fernando Wirtz SuárezAdministraciónCSAdministración e finanzas

15005397IES Fernando Wirtz SuárezInformáticaCSAdministración de sistemas informáticos

15006754IES Marqués de SuancesElectricidade e electrónicaCMEquipos electrónicos de consumo

15006754IES Marqués de SuancesFabricación mecánicaCMMecanizado

15006754IES Marqués de SuancesMantemento de vehículos autopropulsadosCMCarrocería

15006778IES Rodolfo Ucha PiñeiroInformáticaCSAdministración de sistemas informáticos

15021482IES San ClementeInformáticaCSAdministración de sistemas informáticos

Provincia de Lugo

CódigoCentroFamilia profesionalGraoCiclo formativo

27013958IES Monte CasteloSanidadeCMCoidados auxiliares de enfermería

Provincia de Ourense

CódigoCentroFamilia profesionalGraoCiclo formativo

32008902IES A CarballeiraInformáticaCSDesenvolvemento de aplicacións informáticas

Provincia de Pontevedra

CódigoCentroFamilia profesionalGraoCiclo formativo

36015159IES Chan do MonteInformáticaCSAdministración de sistemas informáticos

36018173IES de TeisImaxe persoalCMPerruquería

36018173IES de TeisInformáticaCSAdministración de sistemas informáticos

36018173IES de TeisInformáticaCSDesenvolvemento de aplicacións informáticas

CódigoCentroFamilia profesionalGraoCiclo formativo

36006730IES Frei Martín SarmientoSanidadeCMCoidados auxiliares de enfermería

36018677IES Luís SeoaneAdministraciónCMXestión administrativa

36018677IES Luís SeoaneAdministraciónCSAdministración e finanzas

36013448IES Manuel AntonioQuímicaCSAnálise e control

36013448IES Manuel AntonioSanidadeCSAnatomía patolóxica e citoloxía

36013448IES Manuel AntonioSanidadeCSLaboratorio de diagnóstico clínico

36011634IES nº 1 de VigoEdificación e obra civilCSDesenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción

36011634IES nº 1 de VigoElectricidade e electrónicaCMEquipos e instalacións electrotécnicas

36011634IES nº 1 de VigoFabricación mecánicaCMMecanizado

36017430IES Ricardo MellaAdministraciónCMXestión administrativa

36017430IES Ricardo MellaAdministraciónCSAdministración e finanzas

36017430IES Ricardo Mella Electricidade e electrónicaCMEquipos electrónicos de consumo

36017430IES Ricardo Mella Electricidade e electrónicaCSSistemas de telecomunicación e informáticos

36017430IES Ricardo MellaSanidadeCMCoidados auxiliares de enfermería