Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contración do servicio de producción das carrozas e ornamentación do palco da cabalgata de reis do ano 2001.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Animación Cultural. Nº expediente 6568/331.

2. Obxecto do contrato: descrición: producción e subministración das carrozas e ornamentación do palco da cabalgata de reis do ano 2001.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: executado antes do 29-12-2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 7.500.000 pesetas (45.075,91 euros).

5. Garantías: provisionais: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións administrativas.

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 30 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde