Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.108

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de corrección de erros.

No DOG nº 211, do 31-10-2000 e no BOP nº 247, do 27-10-2000, publicouse a convocatoria do concurso para a adxudicación das obras ampliación da imprenta provincial no edificio colexio Calvo Sotelo. Ó terse producido un erro de transcrición faise constar que:

Onde di: «Clasificación: non se esixe», debe dicir: «Clasificación: grupo C; categoría D; subgrupos 1, 4, 6».

O prazo de presentación de publicación computarase a partir do día seguinte á derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

A Coruña, 31 de outubro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña