Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, da subministración e instalación de sinalización turística no concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Turismo e Circulación Viaria. Nº expediente 657/104.

2. Obxecto do contrato: descrición: subministración e instalación de sinalización turística.

Unidades que se entregarán: véxase condicións técnicas.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 27.000.000 de pesetas.

5. Garantías: provisionais: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións administrativas.

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

Vigo, 30 de outubro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde