Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Acordo do 26 de setembro de 2000 polo que se anuncia concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación do servicio de aseguramento do persoal para accidentes de traballo e enfermidades profesionais e a prestación do servicio de prevención de riscos laborais.

Tipo de licitación: para o aseguramento do persoal será a prima individual establecida pola lexislación vixente para cada tipo de persoal; para o servicio de prevención de riscos laborais non se establece, deberán propoñela os concorrentes na forma establecida no prego.

Fianzas: definitiva por importe do 4% do contrato.

Duración do contrato: un ano, prorrogable segundo se indica na cláusula 5ª do prego.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: na casa do concello ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó de remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na Secretaría do Concello; teléfono: 986 77 00 01 e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 10ª do prego.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 20ª.

Poio, 3 de outubro de 2000.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde