1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo, dependencia: Vías e Obras, nº expediente 30224/250.
2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras de mellora da subministración de auga potable á zona de Casabranca.
Lotes: non.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de execución: doce meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: poxa.
4. Orzamento base: 74.541.600 pesetas.
5. Garantías: provisionais: non se esixe.
6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei s/n 36203 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría D.
Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.
Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 24 de outubro de 2000.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde