Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTES

EDICTO.

O Consello da Xunta de Galicia, en virtude do Decreto 249/2000, do 29 de setembro, acordou declara-la urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Outes, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de recuperación ambiental do contorno da praia de Broña.

En cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e 56 e seguintes o regulamento para a súa aplicación, esta alcaldía resolve convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios deste concello para que comparezan no lugar, data e hora que a continuación se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesario para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se se considera necesario.

1. Lugar: Casa do Concello de Outes.

Horario: de 9 a 14 horas.

Data: 27 de novembro de 2000.

Do predio número: 1, a nome de Manuel Martínez Domínguez ó predio número: 25 inclusive, a nome de María Martínez Rama.

2. Lugar: Casa do Concello de Outes.

Horario: de 9 a 14 horas.

Data: 28 de novembro de 2000.

Do predio número: 26, a nome de Cipriano José Luis, Romero Martínez, ó predio número: 52 inclusive, a nome de Ramón Domínguez Frojan.

3. Lugar: Casa do Concello de Outes.

Horario: de 9 a 14 horas.

Data: 29 de novembro de 2000.

Do predio número: 53, a nome de Manuela Martínez Martínez ó predio número: 78 inclusive, a nome de Raquel, Rosa María, Nieto Canay.

4. Lugar: Casa do Concello de Outes.

Horario: de 9 a 14 horas.

Data: 30 de novembro de 2000.

Do predio número: 79, a nome de María Albores Barreiro ó predio número: 104 inclusive, a nome de Manuel Rodríguez Lestayo.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo do imposto sobre bens inmobles, e, en caso de representación, o poder suficiente, podendo acompañarse pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.

Advírteselles ós interesados afectados, ós que se lle notificará individualmente o día, hora e lugar fixados para o levantamento das actas previas, que poderán formular alegacións por escrito no rexistro xeral do concello, ata o momento do levantamento das actas previas, co obxecto de emendar posibles erros que se puidesen producir ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

O levantamento das actas poderá continuarse en días e horarios posteriores, se fose preciso, sen necesidade de reitera-las citacións, bastando para tal efecto o anuncio verbal efectuado con ocasión do levantamento das últimas actas que se expidan.

Outes, 13 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado