Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a adxudicación do concurso público aberto 3/2000 correspondente ó servicio de limpeza no Hospital da Costa.

En cumprimento co disposto no artígo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, a Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e unha vez cumpridos os tramites administrativos correspondentes, resolve publica-la adxudicación do seguinte contrato administrativo:

Expediente: concurso público de servicios (C.P. 3/2000).

Obxeto: contratación do servicio de limpeza no Hospital da Costa.

Adxudicatario: Eurolimp, S.A.

Importe: 78.625.226 ptas.

Burela, 28 de setembro de 2000.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hosptial da Costa de Burela