Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 09 de novembro de 2000 Páx. 15.098

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

I. Adquisición de equipamento de moblaxe clínica con destino ó Hospital Nicolás Peña de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-03/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de moblaxe clínica.

c) Lote: 9 Lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 232, do 1 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: dezasete millóns oitocentas cincuenta e nove mil novecentas pesetas, IVE incluído (17.859.900 pesetas, IVE incluído). (107.340,16 euros).

Lote nº 1: 1.180.000 pesetas, 7.091,94 euros.

Lote nº 2: 2.354.000 pesetas, 14.147,82 euros.

Lote nº 3: 697.680 pesetas, 4.193,14 euros.

Lote nº 4: 1.702.000 pesetas, 10.229,22 euros.

Lote nº 5: 1.490.380 pesetas, 8.957,36 euros.

Lote nº 6: deserto.

Lote nº 7: 4.533.600 pesetas, 27.247,48 euros.

Lote nº 8: 1.180.400 pesetas, 7.094,35 euros.

Lote nº 9: 897.300 pesetas, 5.392,88 euros.

5. Adxudicación.

Lote nº 1: padiola de pacientes.

Lote nº 5: moblaxe rehabilitación.

a) Data: 29 de marzo de 2000.

b) Contratista: Sanrosán, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns seiscentas setenta mil trescentas oitenta pesetas, IVE incluído (2.670.380 pesetas, IVE incluído). 16.049,30 euros.

Lote nº 2: dotación mortuorio.

a) Data: 27 de marzo de 2000.

b) Contratista: Antonio Matachana, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns trescentas cincuenta e catro mil pesetas, IVE incluído (2.354.000 pesetas, IVE incluído). 14.147,82 euros.

Lote nº 3: angarellas de exploración.

Lote nº 8: cortina separación de doentes.

Lote nº 9: cadeira de brazos reclinable.

a) Data: 27 de marzo de 2000.

b) Contratista: Ekipo, S. Coop. Ltda.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns setecentas setenta e cinco mil trescentas oitenta pesetas (2.775.380 pesetas, IVE incluído). 16.680,36 euros.

Lote nº 4: carros para diversos servicios.

Lote nº 7: moblaxe clínica para diversos servicios.

a) Data: 27 de marzo de 2000.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: seis millóns duascentas trinta e cinco mil seiscentas pesetas (6.235.600 pesetas, IVE incluído). 37.476,71 euros.

Lote nº 6: deserto.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade

con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos