Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 144/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 24.2º do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 10 días para presentar alegacións e, no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito Real decreto 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador, Secretaría 144/2000.

Denunciado: Sabel S.C. Confitería San Roque.

DNI/CIF: G-15691157.

Derradeiro enderezo coñecido: Rúa do Castro, 2. Betanzos.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: vintecinco mil pesetas.

A Coruña, 14 de setembro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña