Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.041

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a resolución do expediente sancionador Secretaría 86/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, con base no disposto nos artigos 114 e 115 da devandita Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, dispón do prazo dun mes para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais.

Expediente sancionador, Secretaría 86/2000.

Denunciado: Manuel Mouzo Graíño.

DNI/CIF: 32685995-M.

Derradeiro enderezo coñecido: A Pereiriña, s/n. Cee.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: cinco mil pesetas.

A Coruña, 7 de setembro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña