Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica a paralización do inicio do expediente sancionador Secretaría 147/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de paralización do inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 abril e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Polo que se lle comunica que, de acordo co establecido no artigo 4 punto 6 do Real decreto 1398/1993, se procede á paralización do inicio de novas actuacións administrativas mentres non se resolva o expediente 135/2000 que se iniciou neste servicio con data do 9-6-2000 contra o interesado.

Expediente sancionador, Secretaría 147/2000.

Denunciado: Manuel Pazo Bujía.

DNI/CIF: 76396313.

Derradeiro enderezo coñecido: Couces, nº 9-4º esquerda. Fene.

A Coruña, 15 de setembro de 2000.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña