Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Verónica, 6975, situada en Negreira e Outes (provincia da Coruña), e promovida por So-

nense de Granitos, S.L.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de outubro), dispón que os estudios de efectos ambientais se someterán ó trámite de información pública, durante quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o proxecto de explotación, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada do permiso de investigación Verónica 6.975, situada en terreos dos concellos de Negreira e Outes, provincia da Coruña, e solicitado por Sonense de Granitos, S.L.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para a súa consulta nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Delegación Provincial de Industria da Coruña.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concellos de Negreira e Outes.

Así mesmo, as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria