Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede á Asociación Reparación de Vehículos de Ourense (Atave) a cualificación de entidade recoñecida para imparti-la formación de profesionais do sector de automóbiles.

Vista a solicitude presentada por Manuel Álvarez Gil en representación de Asociación Reparación de Vehículos de Ourense (Atave) e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a cualificación de entidade recoñecida para imparti-la formación de profesionais do sector de automóbiles.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos no artigo 4.bis do Decreto 206/1994, do 16 de xuño (DOG do 6 de xullo), polo que se adapta a normativa vixente en materia de prestación de servicios nos talleres de reparación de vehículos e de seus equipos e compoñentes, modificado polo Decreto 347/1998, do 20 de novembro.

A Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Outorgarlle á Asociación Reparación de Vehículos de Ourense (Atave) a cualificación de entidade recoñecida para imparti-la formación de profesionais do sector de automóbiles, e inscribila no Rexistro de Entidades acreditadas para iso.

Para imparti-la formación presentará, perante a delegación provincial de Industria e Comercio da provincia correspondente, fotocopia desta resolución, táboa de tarefas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control presentará, nas delegacións provinciais de Industria e Comercio

onde exerza a suá actividade, unha memoria anual de actuacións, e nesta dirección xeral un resumo delas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que acreditará perante a Dirección Xeral de Industria e Comercio o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria