Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa para a ampliación do parque eólico de Malpica. (Expediente 70/1994).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2619/1966 e no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para a ampliación das instalacións electromecánicas do parque eólico de Malpica, mediante a instalación de dous aeroxeradores de 750 kW/ud., ampliándose a potencia do parque desde os 15,075 MW actuais a 16,575 MW:

Solicitante: Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa).

Dirección: r/ Betanzos, nº 1, 1º esquerda, 15004 A Coruña.

Denominación: parque eólico de Malpica (ampliación).

Concellos afectados: Malpica (A Coruña).

Coordenadas:

V: (X=507.536; Y=4.796.507)

V: (X=509.480; Y=4.796.534)

V: (X=510.460; Y=4.795.076)

V: (X=509.223; Y=4.793.522)

V: (X=508.800; Y=4.794.324)

V: (X=507.488; Y=4.795.310)

V: (X=507.307; Y=4.795.970)

Potencia que se vai instalar (ampliación): 1,5 MW (potencia total 16,575 MW).

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 4 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña