Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7030; XG-404, Lugo-Viveiro-Ferrol-A Coruña-Ou-

rense e Santiago de Compostela a Ferrol e a Meira, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu Regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) mediante a realización de expedicións directas entre Ferrol-A Coruña-Santiago de Compostela-Ourense, dentro da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7030; XG-404, Lugo-Viveiro-Ferrol-A Coruña-Ourense e Santiago de Compostela a Ferrol e a Meira, con anexos, da titularidade da empresa Ideal Auto, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), Ourense (rúa Curros Enríquez, 1. Entreplanta), e Pontevedra (estación de autobuses) efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes