Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.033

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica, a Manuel Fernández Grela (praza 1708/1999).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 16 de novembro de 1999 (BOE do 6 de decembro), para a provisión da praza de profesor titular de universidade, da área de coñecemento de fundamentos da análise económica, do departamento de Fundamentos da Análise Económica, da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Manuel Fernández Grela, e tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Manuel Fernández Grela profesor titular de universidade da área de coñecemento de fundamentos da análise económica,

do departamento de Fundamentos da Análise Económica, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela