Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 08 de novembro de 2000 Páx. 15.034

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública o expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7058; XG-432, A Coruña-Fisterra, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu Regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, inicióuse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) solicitando, na concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7058; XG-432, A Coruña-Fisterra, con anexos, da titularidade da empresa Transportes Finisterre, S.A., a realización dos seguintes servicios:

-Caión-A Laracha-Carballo-Santiago de Compostela.

-A Coruña-Polígono de Sabón-Carballo-Santiago de Compostela.

-Castrillón-Razo-Carballo-Santiago de Compostela.

-Corme-Malpica-Carballo-Santiago de Compostela.

-Laxe-Ponteceso-Carballo-Santiago de Compostela.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes