Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 15.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de aprobación do proxecto da ampliación da Central Hidroeléctrica de Peneda. (Expediente IN408A 92/2-3 A.T. modificado).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe a continuación:

Denominación: ampliación da Central Hidroeléctrica de Peneda.

Situación: río Arnoia; concellos de Arnoia e Gomesende (Ourense).

Solicitante: Unión Fenosa Generación, S.A.

Domicilio social: r/ Capitán Haya nº 53, 28020 Madrid.

Arrendatario: Hidroeléctrica del Giesta, S.R.L.

Características técnicas da ampliación:

Instalacións electromecánicas: 2 grupos con turbinas tipo Kaplan, de eixe vertical, e xeradores síncronos de 2.400 e 7.600 kVA respectivamente, con relación de transformación 20/6 kV. Transformador de potencia de 13.500 kVA. Producción media anual: 28.307.195 kWh. Orzamento: 151.231.968 pesetas.

Aproveitamento: caudal 35 m; caudal ecolóxico: 2.700 l/s en época de desova e 1.400 l/s resto do ano; explotación de tipo fluente; cota de vertedoiro

do azude: 172,70 m; cota de restitución: 136,44 m; salto total: 36,26 m; salto útil: 34,5 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de outubro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense