Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 15.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 51925 ampliación 2000).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171.

Denominación: ampliación central hidroeléctrica de Corcoesto.

Situación: Cabana de Bergantiños.

Características técnicas: modificación e ampliación das instalacións eléctricas de xeración e transformación da central hidroeléctrica de Corcoesto, consistente en: -Modificación do grupo I de 450 kW, actuando en rodete e distribuidor para 7 M3/SEG e 12,8 m de salto neto e potencia nominal de 800 kW na turbina Semikaplan. -Novo grupo II, tipo Francis de eixe horizontal, caudal nominal de 3 M3/SEG, salto neto de 12,8 m e potencia nominal de 350 kW. -Tranformador de 1.300 kW. Cabana de Bergantiños.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 24 de outubro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña