Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 15.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de aprobación do proxecto da ampliación da Central Hidroeléctrica de Arnoia. (Expediente IN408A 92/1-3 A.T. modificado).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición

de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe a continuación:

Denominación: ampliación da Central Hidroeléctrica de Arnoia.

Situación: concellos de Arnoia e Gomesende (Ourense).

Solicitante: Unión Fenosa Generación, S.A.

Domicilio social: r/ Capitán Haya nº 53, 28020 Madrid.

Arrendatario: Hidroeléctrica del Giesta, S.R.L.

Características técnicas da ampliación:

Instalacións electromecánicas: 3 grupos con turbinas tipo Francis, de eixe vertical, e xeradores síncronos de 1.400, 2.100 e 6.500 kVA respectivamente, con relación de transformación 20/6 kV. Transformador de potencia de 13.500 kVA. Producción media anual: 24.647.401 kWh. Orzamento: 152.779.390 pesetas.

Aproveitamento: caudal 25 m; caudal ecolóxico: 2.700 l/s en época de desova e 1.400 l/s resto do ano; explotación de tipo fluente; cota de vertedoiro do azude: 135,14 m; cota de restitución: 83,63 m; salto total: 51,51 m; salto útil: 50,59 m.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de outubro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense