Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.981

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de setembro de 2000 pola que se autorizan determinados centros docentes públicos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para imparti-las ensinanzas de bacharelato para persoas adultas conducentes á obtención do título de bacharelato.

Segundo a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, correspóndenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

No marco destas competencias, a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 53, prevé que as administracións educativas promovan medidas tendentes a lles ofertar a tódolos cidadáns a oportunidade de acceder ós niveis ou graos das ensinanzas non obrigatorias cursando ensinanzas de bacharelato nos centros ordinarios, dispoñendo dunha oferta e dunha organización adecuada ás súas características.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no artigo 5 que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adapta-lo currículo do bacharelato adecuándoo ás características, condicións e necesidades da poboación adulta, de acordo coas esixen

cias de organización e metodoloxía da educación de persoas adultas.

Por outra parte, de acordo coa Orde do 14 de abril de 1999 (DOG do 29 de abril), pola que se ordenan e organizan as ensinanzas de bacharelato para adultos na Comunidade Autónoma de Galicia, e coa finalidade de facilita-la continuidade do proceso formativo daquelas persoas adultas que remataron as ensinanzas equivalentes á educación secundaria obrigatoria ou daqueloutras procedentes doutros itinerarios formativos que, reunindo os requisitos esixidos para continuar estudios de bacharelato, desexen cursalas, é necesario autoriza-los centros nos que se van impartir estas ensinanzas na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Son autorizados a imparti-las ensinanzas de bacharelato para persoas adultas, segundo o establecido na Orde do 14 de abril de 1999, os centros docentes públicos de educación secundaria que se relacionan no anexo.

Segundo.-A oferta de ensinanzas de bacharelato para persoas adultas coincidirá coa modalidade ou modalidades, se é o caso, que xa estean autorizadas en cada centro para a ensinanza ordinaria.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas todas aquelas ordes e disposicións que se opoñan ó cumprimento desta orde.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña

15022607IES Ánxel Casal-Monte Alto. A Coruña.

15005211IES Salvador de Madariaga. A Coruña.

15001148IES As Mariñas. Betanzos.

15026376IES de Cedeira. Cedeira.

15025268IES As Telleiras. Narón.

15015743IES Arecebispo Xelmírez I. Santiago de Compostela.

15023466IES Lamas de Abade. Santiago de Compostela.

15015755IES Rosalía de Castro. Santaigo de Compostela.

ANEXO

Provincia de Pontevedra

36019244IES A Sangriña. A Guarda

36006729IES Valle-Inclán. Pontevedra.

36011567IES Castelao.Vigo

36011580IES San Tomé de Freixeiro. Vigo

36011592IES Santa Irene. Vigo