Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.980

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 4 de setembro de 2000 pola que se autorizan determinados centros docentes públicos de educación secundaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de educación de persoas adultas.

Segundo a Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, correspóndenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

No marco destas competencias, a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, no seu artigo 52, prevé que as persoas adultas que queiran adquirir coñecementos equivalentes á educación básica contarán cunha oferta adaptada ás súas condicións e necesidades, co propósito de actualiza-la cualificación dos cidadáns, e que aquelas que teñan o título de graduado escolar poidan acceder a programas ou a centros docentes que lles axuden a alcanza-la formación básica prevista na mencionada lei para a educación básica obrigatoria nos centros ordinarios, dispoñendo dunha oferta e dunha organización adecuada ás súas características.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no artigo 5 que nos centros en que se imparten ensinanzas de educación de persoas adultas poderá cursarse ensinanzas iniciais de ensino básico dos niveis I e II, así como aquelas conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria ou de nivel III.

Co fin de adapta-la oferta da educación secundaria obrigatoria ás condicións, necesidades e intereses das persoas adultas, dictouse a orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo), pola que se establecen as liñas básicas para o desenvolvemento do currículo das ensinanzas conducentes ó título de graduado en educación secundaria para as persoas adultas e pola que se regulan as ensinanzas iniciais de niveis I, II e III conducentes ó título de graduado en educación secundaria.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Son autorizados a imparti-las ensinanzas básicas (niveis I, II e III) conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria establecidas na Orde do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo) os centros docentes públicos de educación secundaria que se relacionan no anexo I.

Segundo.-Son autorizados a impartir ensinanzas básicas (nivel III) conducentes á obtención do título de graduado en educación secundaria establecidas na Orde do 26 de maio de 1997 (DOG do 15 de xullo) os centros docentes públicos de educación secundaria que se relacionan no anexo II.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas todas aquelas ordes e disposicións que se opoñan ó cumprimento desta orde.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

-Provincia da Coruña:

15026376 IES de Cedeira. Cedeira.

15032081 IES de Fene. Fene.

15026731 IES Campo de San Alberto. Noia.

-Provincia de Lugo:

27003151 IES Lama das Quendas. Chantada.

27015891 IES da Terra Chá, José Trapero Pardo. Castro de Rei.

-Provincia de Pontevedra:

36013758 IES Laxeiro. Lalín.

36015159 IES Chan do Monte. Marín.

36015184 IES Escolas Proval. Nigrán.

36019256 IES de Vilalonga. Sanxenxo.

36019657 IES Primeiro de Marzo. Baiona.

ANEXO II

-Provincia da Coruña:

15026704 IES David Buján. Cambre.

15026388 IES Fontexería. Muros.

15022607 IES Ánxel Casal-Monte Alto. A Coruña.

-Provincia de Pontevedra:

36020350 IES Pintor Colmeiro. Silleda.