Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/0000190/1991, interposto por María del Carmen Gallego Rodríguez, Casimiro Galiñanes Durán, José Carlos Otero Rodríguez, Luciano Lastres
Seijas e Manuel Lorenzo Piñeiro Lores, contra desestimación presunta por silencio administrativo do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, dos recursos de alzada formulados polos agora recorrentes contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra, do 29-1-1990, sobre aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento do concello de Sanxenxo; dictouse a sentencia 605/1994, do 21 de xullo, agora firme, pola que se estimaba o dito recurso.
Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publi
cidade á parte dispositiva da sentencia 605/1994, do 21 de xullo, que a seguir se transcribe:
«Resolvemos que estimando en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por María del Carmen Gallego Rodríguez e demais citados no encabezamento desta sentencia, contra a desestimación presunta por silencio administrativo do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, dos recursos de alzada formulados polos agora recorrentes contra o acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Pontevedra, do 29-1-1990, sobre aprobación definitiva das normas subsidiarias de planeamento do concello de Sanxenxo, debemos anular e anulámo-lo referido acordo impugnado do 29-1-1990, nos extremos relativos á asunción e aceptación polo dito acordo do denominado «Convenio Escalonilla» e «Convenio Arnelas».
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2000.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda