Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2000, conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e do Servicio Galego de Saúde, pola que se resolven as axudas para a realización de proxectos de investigación convocadas na Orde do 20 de xuño de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 127, do 30 de xuño).

A orde conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Sanidade e Servicios Sociais, do 20 de xuño de 2000, aprobadas as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación. No seu artigo 4 determinábanse os criterios de valoración e materias preferentes que deberían ter en conta os membros da comisión encargada de realiza-la proposta de resolución.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada pola citada comisión, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e o Servicio Galego de Saúde,

RESOLVEN:

Primeiro.-Concedérlle-las axudas para a realización de proxectos de investigación en Galicia dentro dos centros, servicios e establecementos sanitarios públicos da Comunidade Autónoma de Galicia ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía que en cada caso se sinala.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo, que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a avaliación favorable.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 20 de xuño de 2000 (DOG do 30 de xuño), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; sen embargo, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que coiden oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2000.

José María Hernández Cochón Miguel Ángel Ríos Fernández

Presidente do ServicioSecretario xeral de Investigación

Galego de Saúdee Desenvolvemento

ANEXO I

Axudas concedidas pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolemento. Presidencia.

Aplicación orzamentaria: 04.07.432.A78.1.0

Investigador principalTítulo proxectoCódigo nº proxectoContía

Concedida

Centro

Casariego vales, EmilioConstrucción dun sistema para establece-lo prognóstico nos pacientes con cancro gástricoPGIDT.00.SAN.00007-PR1.062.000C.H. Xeral Calde

Rodríguez Gómez, ManuelEstudio clínico e xenético das artropatías inflamatoriasPGIDT.00.SAN.00008-PR1.000.000C.H. Ourense
FérnándezRodríguez, RicardoFactores prognósticos das bacteriemias. Estudio prospectivoPGIDT.00.SAN.00009-PR950.000C.H. Ourense
Fernández Sueiro, José LuisEstudio xenético da espondilite anquilosante na poboación galega: determinación dos subtipos HLA-B27 mediante cebadores de secuencia específicaPGIDT.00.SAN.00011-PR1.485.000C.H. Juan Canalejo-Teresa Herrera

Martínez Pillado, ModestoEstudio da adecuacion dos ingresos e estadías hospitalarias en dous servicios de medicina interna dun hospital de 650 camasPGIDT.00.SAN.00012-PR235.000C.H. Pontevedra

Axudas concedidas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Sergas.

Aplicación orzamentaria.

Investigador principalTítulo proxectoCódigo nº proxectoContía

concedida

Centro

San Miguel Hernández, MiguelIncidencia da hepatite polo virus G no sur de Galicia mediante PCR e prevalencia dos anticorpos nos diferentes grupos de riscoPGIDT.00.SAN.00001-PR1.500.000Hospital Comarcal Monforte

García Rodríguez, José FranciscoTuberculose: efectos secundarios, cumprimento e eficacia do tratamentoPGIDT.00.SAN.00002-PR1.500.000C.H. Arquitecto Marcide-Prof. Novoa Santos

Gude San Pedro, FranciscoPrevalencia da síndrome de apnea obstructiva durante o sono e factores de risco cardiovascular asociados. Estudio nunha comunidade ruralPGIDT.00.SAN.00003-PR1.497.000C.H. Universitario de Santiago

Blanco Ramos, ManuelCalidade de vida dos anciáns da provincia de OurensePGIDT.900SAN.00004-PR1.500.000Xerencia Atención Primaria Ourense

Vázquez Vázquez, MiguelEstudio para a valoración do impacto das demencias no persoal sociosanitario das residencias xeriátricasPGIDT.00.SAN.00005-PR1.389.000Residencia Asistida da 3ª Idade de Vigo

Facio Villanueva, ÁngelO rexistro hospitalario dos tumores como ferramenta no proceso de calidade asistencial desenvolvido no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Prof. Novoa SantosPGIDT.00.SAN.00006-PR1.100.000C.H. Arquitecto Marcide-Prof. Novoa Santos

Guerrero Espejo, AntonioCuantificación do xenoma do virus de Epstein-Barr nos linfocitos do sangue periférico para a súa aplicación no diagnóstico e seguimento da enfermidade linfoproliferativa nos pacientes pediátricos sometidos a transplante de órgano sólidoPGIDT.00.SAN.00010-PR1.500.000C.H. Juan Canalejo-Teresa Herrera