Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 07 de novembro de 2000 Páx. 14.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 16 de outubro de 2000 pola que se concede o Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística e o Premio para Investigadores Mozos (área de humanidades), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2000.

Pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de xuño de 2000 (DOG do 21), convocáronse o Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística e o Premio para Investigadores Mozos (área de humanidades), correspondentes ós Premios Galicia de Investigación 2000.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlle o Premio Antonio López Ferreiro de Investigación Humanística a Antonio Eiras Roel.

Segundo.-Concederlle o Premio para Investigadores Mozos (área de humanidades) a Jesús Ángel Sánchez García.

Esta orde pon fin á vía administrativa segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública