Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO dun proxecto de urbanización.

Faise público que a alcaldía, por Decreto do 10-10-2000, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da zona C-01 do PXOM de Verín, presentado polos herdeiros de José Alonso Castro.

O que se fai público, informando que contra o dito acordo os interesados poderán interpor recurso de reposición ante a alcaldía no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpondo o recurso contencioso-administrativo ante a sala de competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, sen que caiba simultanear ámbolos dous recursos. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición; se é o caso, caberá interpor recurso contencioso-administrativo.

Os prazos que se sinalaron computaranse a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG.

Poderase interpor calquera outro recurso que coiden pertinente.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde