Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da II modificación do estudio de detalle da UE Fraga. (Expediente 5916/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 28 de setembro de 2000, acordou aprobar inicialmente a II modificación do estudio de detalle da UE Fraga, aprobado definitivamente o 25 de outubro de 1990, segundo a documentación presentada pola xunta de compensación da unidade de actuación, e redactado polos arquitectos Arturo e Eduardo Fraga Fernández, visado polo colexio correspondente o 29 de marzo de 2000.

Sométese este expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, a través da publicación no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, segundo o establecido no artigo 42.1º, significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio.

A documentación deste expediente atópase ó dispor do público en xeral na oficina de información urbanística, na planta baixa da xerencia.

Este anuncio servirá de notificación, nos termos establecidos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xanei

ro, para todos aqueles propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecido ou ignorado o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 26 de junio de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo