Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO para contratación de obras.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Ribeira.

Dependencia tramitadora: Oficina de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

Denominación do proxecto: parque eólico Pé do Corniño, 1ª fase (carreira).

Prazo de execución: 3 meses.

Plan: fondo de cooperación coas entidades locais do ano 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento.

Prezo base de licitación: 11.763.785 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 235.276 pesetas.

Definitiva o 4% do prezo de adxudicción do contrato.

6. Otención de documentación e información.

Entidade: Concello de Ribeira.

Domicilio: praza do Concello, nº 1. Ribeira (A Coruña). C.P. 15960.

Teléfono: 981 83 54 17.

Data límite: ata o día de finalización do prazo para presenta-las ofertas.

7. Requisitos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP da Coruña ou no Diario Oficial de Galicia, das 9 ás 13.30 horas. No caso de que coincida en sábado o día de finalización do prazo, este quedará prorrogado automaticamente para o seguinte día hábil.

Lugar: rexistro xeral do Concello de Riveira.

Modelo de proposición: véxase o anexo II do prego de condicións.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

9. Apertura das ofertas.

Lugar: Casa do Concello de Ribeira.

Data e hora: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas, ás 12 horas. No caso de que coincida en sábado, terá lugar o seguinte día hábil.

10. Gastos.

Os derivados da publicación dos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.

Ribeira, 23 de outubro de 2000.

José Luis Torres Colomer

Alcalde