Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle para a ordenación das superficies edificables no rueiro H da unidade de actuación 14-2, na Parda.

O Pleno da Corporación, en sesión do 30 de setembro de 2000 acordou aprobar con carácter definitivo o estudio de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Inversiones de Galicia Sur, Sociedad Anónima, coa finalidade de ordena-la disposición das superficies edificables dentro do rueiro H da unidade de actuación nº 14.2º do Plan xeral de ordenación urbana, situada na Parda e redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, con visado da Delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con datas 18-1-2000 e 31-3-2000.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que, contra este acto, que esgota a vía administrativa, se poderá interpoñer, polos que se consideran lexitimados, o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administravo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte o establecido nos artigos 10.1º.6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedentes conforme a dereito, significándolles que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 18 de outubro de 2000.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente