Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión do día 4 de outubro de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución 13, redactado polo técnico municipal Julio C. Rojo Martínez, polo que se somete a información pública polo prazo dun mes, segundo establece o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, durante o que se poderá examinar na secretaría do concello para formula-las alegacións que consideren pertinentes.

Conforme o artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a aprobación inicial determina por si a suspensión do outorgamento das licencias para

o ámbito de titularidade privada. A suspensión terá unha duración dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva.

Ordes, 24 de outubro de 2000.

Teodosio Martino Martino

Alcalde