Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORDES

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión do día 4 de outubro de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de reparcelación da unidade de execución 13, redactado polo arquitecto Isidro López Yáñez, polo que se somete a información pública polo prazo dun mes, segundo establece o artigo 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, durante o que se poderá examina-lo expediente na secretaría do concello para formula-las alegacións que consideren pertinentes.

Quedan suspendidas por un ano as licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito territorial comprendido nas áreas do mencionado plan, por supoñe-las novas determinacións a modificación do réxime urbanístico vixente. A suspensión extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do plan.

Ordes, 24 de outubro de 2000.

Teodosio Martino Martino

Alcalde