Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, da obra acondicionamento ambiental do contorno do regato Ruxidoira ó seu paso pola vila de Pacios (Paradela).

Aprobado polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria do vinteoito de setembro de dous mil, o prego de cláusulas administrativas que rexerá a contratación da obra de acondicionamento ambiental do contorno do regato Ruxidoira ó seu paso pola vila de Pacios (Paradela), polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, con reducción de prazos, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días hábiles para os efectos de exame e reclamacións, de acordo co disposto no artigo 122 do Real decreto 781/1986, do 18 de abril.

Concurso.

Simultaneamente, de conformidade co preceptuado no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase o concurso de referencia, aínda que a licitación se aprazará, no suposto de que se formulasen reclamacións contra o prego de cláusulas administrativas, ata que sexan resoltas pola Corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Execución da obra incluída no proxecto de acondicionamento ambiental do contorno do regato Ruxidoira ó seu paso pola vila de Pacios (Paradela).

b) Lugar de execución: Paradela.

c) Prazo de execución: seis (6) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 28.572.085 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Paradela, avda. Xeneralísimo, s/n, Paradela (Lugo). Teléfono: 982 54 11 01/982 54 11 96. Fax: 982 54 12 32.

7. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Paradela durante o prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que hai que presentar.

As proposicións presentaranse en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado «Oferta económica», que deberá formularse conforme o modelo que figura no anexo I do prego.

Sobre B, subtitulado «Personalidade xurídica e xustificantes» conterá a documentación á que se refire a cláusula 12.2º do prego.

Sobre C, subtitulado «Referencias técnicas»-cláusula 12.3º.

9. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría c e grupo K, subgrupo 6, categoría c.

10. Apertura de ofertas.

No salón de sesións da Casa Consistorial de Paradela, ás doce horas do segundo día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; no caso de ser sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 28 de setembro de 2000.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde-presidente