Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.957

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a subministración sucesiva de lentes intraoculares e solucións viscoelásticas (C.P. 14/2000).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público:

Contratación de subministracións: lentes intraoculares e solucións viscoelásticas (8 lotes).

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran no prego de prescricións técnicas.

Orzamento: 29.670.000 pesetas (178.320,29 euros), IVE incluído.

Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite ordinario e anticipado.

Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato ata o 31-12-2001, en entregas sucesivas, segundo necesidades.

Admisión de variantes: ver punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 18 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1. Biocompatibilidade e grao de opacificación da cápsula posterior: ata 6 puntos. 2. Prezo: ata 4 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria

poden ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cristal-Piñor; rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados.

Garantías: provisional: ver punto 11 do prego de cláusulas administrativas. Definitiva: 4% do orzamento da base de licitación do que sexa/n adxudicatario/s.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do vixésimo día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e SS. XX. do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 9 de outubro de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense