1. Obxecto e orzamento: adquisición de 2 equipos de embossing/encoding para a personalización de tarxetas sanitarias, por un importe máximo de oito millóns duascentas cincuenta mil pesetas (8.250.000 pesetas, IVE incluído), (49.583,50 euros).
2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 18 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Prazo de execución: ver punto 7 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, Servicio de Contratación, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
6. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.
7. Admisión de variantes: non se admiten.
8. Criterios de adxudicación: ver punto 13 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no edificio administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do sétimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2000.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos