Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 06 de novembro de 2000 Páx. 14.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación da subministración e instalación de equipamento de material de oficina para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipamento de material de oficina para o Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 18/2000.

2. Obxecto do contrato: subministración e instalación de equipamento de material de oficina para o Igape, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: 1 copiadora dixital B/N para sala C-20.

Lote 2: 1 canón de vídeo de mínimo 800 lumens.

Lote 3: 1 armario ignífugo.

Lote 4: 12 mamparas modulares e 20 pezas de unión.

Lote 5: 1 encadernadora eléctrica para sala D-17.

Lote 6: 2 destructoras, para salas B-18 e D-17.

Lote 7: 1 encadernadora eléctrica multifunción para oficina de Ferrol e delegacións.

Lote 8: 2 grampadoras eléctricas para delegacións.

Lote 9: 1 caixa forte de seguridade.

Prazo de instalación e posta en marcha do equipamento contratado: o establecido na oferta técnica do adxudicatario, que non excederá o 31 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo total de licitación: 8.395.000 pesetas (oito millóns trescentas noventa e cinco mil pesetas), IVE incluído, coa seguinte desagregación por lotes:

Lote 1: prezo máximo: 4.000.000 de pesetas, IVE incluído. Máximo anual por copias: 345.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 2: prezo máximo: 1.400.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 3: prezo máximo: 350.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 4: prezo máximo: 750.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 5: prezo máximo: 600.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 6: prezo máximo: 400.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 7: prezo máximo: 160.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 8: prezo máximo: 140.000 pesetas, IVE incluído.

Lote 9: prezo máximo: 250.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos lotes ós que se concorra.

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: Barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre cerrado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciado ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre a configuración técnica dos equipos ofertados.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 11.30 horas do quinto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 11.30 horas do décimo día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica