Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/197-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: apartado 28, 36280 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. rúa Rafael Tilve-edificio Wenceslao Lemos.

Situación: concello de Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T., a 15/20 kV, subterránea, con conductor tipo R.H.V., de 285 m de lonxitude, desde o apoio nº 6 da L.M.T. circunvalación Salceda ó C.T. proxectado. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15/20 kV-230/420 V na rúa Rafael Tilve-edificio Wenceslao Lemos, no concello de Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 29 de agosto de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra