Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/216-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23, 2º, ofic-2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. de C.P.M. San Salvador de Budiño-As Gándaras a Pavimentos Grupimar.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, 20 kV, de 148 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o centro de protección e medida San Salvador

de Budiño-As Gándaras ata o C.T existente de Pavimentos Grupimar, en Reloas-A Devesa-San Salvador de Budiño. Concello do Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 11 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra