Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fan públicas as declaracións de nulidade da adxudicación e a declaración de deserto do contrato administrativo que se cita.

O secretario xeral, actuando en representación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, con data do 8 de setembro de 2000 resolveu anula-la Resolución do 22 de agosto de 1989 do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas pola que se adxudica a Juan Antonio Vallejo Herranz a concesión da explotación da estación de mercadorías de Lugo, declarándose igualmente a nulidade do contrato asinado con data do 30 de xaneiro de 1990, procedendo en consecuencia á apertura do correspondente procedemento de liquidación daquel; transitoriamente, e co obxeto de evitar un grave trastorno ó servicio público, acórdase a continuidade dos efectos do contrato de concesión da explotación da estación de mercadorías de Lugo baixo as mesmas cláusulas ata que comece a execución do contrato que se suscriba en virtude da adxudicación do novo concurso.

Igualmente, e por resolución da mesma data, resolveu declarar deserto o concurso para a concesión da explotación da estación de mercadorías de Lugo e que se convoque un novo concurso.

Contra as presentes resolucións, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

O que se fai público para os efectos previstos polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 25-10-1983)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes