Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos estatutos da Asociación Empresarial de Academias Privadas de Enseñanza No Reglada de la Provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta pola que se modifican os estatutos da Asociación Empresarial de Academias Privadas de Enseñanza No Reglada de la Provincia de Pontevedra, que pasa a denominarse Asociación Empresarial de Academias e Centros de Formación de Pontevedra (APAP), ademais doutras modificacións nos ditos estatutos.

Asinan a acta de modificación e dos estatutos Adolfo Martínez Latorre e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 29 de setembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra