Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación do artigo 1º dos estatutos da Asociación Gallega de Pizarristas.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nela, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foi remitida, o día 25 de setembro de 2000, certificación expedida polo secretario da referida asociación, Víctor M. Cobo Arias, co visto e prace do seu presidente, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral que tivo lugar o 4 de xullo de 2000, consistente na modificación do artigo 1º dos estatutos, ó que se lle engade o parágrafo seguinte: «sen ánimo de lucro».

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2000.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais