Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 25 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de requirimentos en relación a expedientes administrativos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación nos domicilios sinalados polos interesados que a continuación se relacionan dos requirimentos de documentación dos expedientes administrativos consonte o establecido na disposición adicional oitava das ordes do 9 de xaneiro de 1996 e 20 de decembro de 1996, procede a presente publicación:

1º Expedientes FM 301D97/340-5; FM301D97/341-5.

Orde de convocatoria: 20 de decembro de 1996 (DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 1997).

Interesada: Ana Mª Castro Martínez.

Enderezo: Centro Comercial Monteporreiro, 36162 Marín-Pontevedra.

Asunto: requirimento da seguinte documentación no prazo de 15 días hábiles:

-Documentación acreditativa de seguir de alta no réxime correspondente na Seguridade Social como autónoma.

-Para o suposto de que non se manteña a actividade, memoria explicativa da causa da baixa no réxime da seguridade social e, se é o caso, documentación acreditativa de que o cesamento na actividade foi debido a causas alleas á súa vontade.

2º Expediente FM301D96/775-5.

Orde de convocatoria: Orde do 9 de xaneiro de 1996 (DOG nº 24, do 2 de febreiro).

Interesado: Ernesto da Silva Leiras.

Enderezo: Genaro de la Fuente, 14-13º J, 36205 Vigo-Pontevedra.

Asunto: requirimento da seguinte documentación no prazo de 15 días hábiles:

-Documentación acreditativa de seguir de alta no réxime correspondente na Seguridade Social como autónomo.

-Para o suposto de que non se manteña a actividade, memoria explicativa da causa da baixa no réxime da Seguridade Social e, se é o caso, documentación acreditativa de que o cesamento na actividade foi debido a causas alleas á súa vontade.

3º Expediente FM301D97/293-5; FM301D97/294-5.

Orde de convocatoria: Orde do 20 de decembro de 1996 (DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 1997).

Interesada: Beatriz González Campo.

Enderezo: Travesía de Vigo, 14-6º F, 36207 Vigo-Pontevedra.

Asunto: requirimento da seguinte documentación no prazo de 15 días hábiles:

-Documentación acreditativa de seguir de alta no réxime correspondente na Seguridade Social como autónoma.

-Para o suposto de que non se manteña a actividade, memoria explicativa da causa da baixa no réxime da seguridade social, e, se é o caso, documentación acreditativa de que o cesamento na actividade foi debido a causas alleas á súa vontade.

Coa presente notificación comunícase que, transcorrido o prazo citado para presenta-la documentación requirida ou de non acredita-lo mantemento da actividade subvencionada ou, se é o caso, o seu cesamento por causas alleas á súa vontade, e tralas actuacións oportunas, poderá iniciarse se procede o expediente declarativo de reintegro da subvención tendo en conta o Decreto lexislativo 1/1999 e a Orde do 21 de xullo de 1998.

Os correspondentes expedientes áchanse no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 25 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra